«A nosa aposta será básicamente centrarnos nos problemas reais da xente, que é a industria e o emprego»

Lara Da Silva Rodríguez, candidata do PP en Verín

Como definiría a situación do Concello tras estes últimos catro anos co bipartido PSOE-BNG?
Lara da Silva: «Desde o noso partido o que máis nos preocupa é a situación socioeconómica que temos. Falamos dunha débeda viva de máis de 7 millóns de euros, falamos de que pecharon máis de 60 establecementos o que supón que as empresas non se asentan e a xente marcha. Entón, o máis preocupante e esa situación socioeconómica e como facémonos cargo desto todas as familias que vivimos en Verín».

Entón, ese é o principal problema do Concello?
L.S.: «Si, cremos que o bipartito -desde o meu punto de vista e como cidadá antes de ser candidata do PP- tivo esa forza e ilusión ao principio e puidemos ver un cambio no que a vila na que non tiña árbores e se puxo árbores, non tiña céspede e se colocou céspede. Agora ben, temos unha vila bonita pero non temos xente, por iso para nós ese pode ser o tema máis preocupante».

Cales son as medidas que plantexan para esa dinamización económica?
L.S.: «Pretendemos e cremos convinte, agora mesmo, e esa será a nosa aposta desde o minuto un no que cheguemos ao Concello -sexa dun lado ou doutro- será básicamente centrarnos nos problemas reais da xente, que agora é a industria e o emprego. E tamén dar solucións a certos problemas que sabemos que existen en determinados ámbitos como o deportivo no que as instalacións están nunhas condicións penosas. Ademais, tanto nas escola deportivas como no ámbito que atinxe á cultura, o que é o continente creouno o Partido Popular. Eles, simplemente limitáronse a dar contenido a ese continente creado. Pero certamente non hai unha manutención de todas esas instalacións que cremos é fundamental.
Por outra banda, sabemos que existiu un proxecto de creación dunha escola infantil moi necesaria agora mesmo. Hai moitas familias que se empadroan noutros sitios por que non existe esa conciliación familiar de poder levar ao teu fillo a unha gardería porque as que hai teñen unha lista de espera importante».

Podería falarnos doutras medidas estrela que tiñan noutros ámbitos?
L.S.: «Apostamos por un parque logístico no parque empresarial de Tamagos que a día de hoxe non está en funcionamento. Debemos seguir expropiando terreos para seguir ampliando xa que pode ser un tirón importante. Somos a porta de entrada de España a Portugal pero tamén a de saída desde o punto de vista galego, por iso queremos aproveitar para facer un aparcadoiro para camións xa que a situación do actual aparcadoido non é o adecuado. E aproveitaríamos para desenvolver un centro loxístico, o Eixo Atlántico que é a proposta que ten a Xunta de Galicia e que pensamos que é moi interesante. Tamén pode ser importante levar a cabo a escola infantil na avenida de Sousas, xa que é unha iniciativa moi demandada por nais e pais. E por suposto, faremos aposta forte polo turismo; é preciso facer unha rehabilitación real do hotel balneario de Caldeliñas, non a que levou a cabo o Goberno actual; para isto temos un proxecto cun grupo hotelero para crear un grupo balneario. Outras medidas serán a creación dun hotel balneario escola do que vén sendo as instalacións da zona de Cabreiroá. Noutro orde de cousas, Verín merece rehabilitar as rutas de sendeirismo, de lagares rupestres que están nun estado de abandono».

Chegado o 28M e sen ver claro que haxa maioría absoluta, estaría disposta a facer algún pacto?
L.S.: «Saímos a gañar. Cremos no cambio, fixemos renovación dentro do partido. Hai que recoñecer que algúns da lista somos novos en política, algúns teñen negocios en Verín polo que lle interesa que a Verín lle vaia ben. Agardamos ter a confianza dos que foron fieis votantes e recuperar aos que perdemos nos últimos anos. Aceptamos o reto con humildade, forza e ilusión».