«Un dos piares básico é a potenciación deste mundo agrario, axudando, como non pode ser doutro xeito, ao plan de regadío»

Antonio Fernández Veiga, candidato del PP en Verín

Cómo definirías a situación actual no concello de Xinzo?
Antonio Fernández: «Pódese definir unha situación de total parálise durante estes catro anos con falta de proxectos, de ideas, de improvisación total e absoluta, e todo se contempla como, sigo dicindo, en proxectos que nunca saíron á luz. Mesmo quero entender que se algún destes proxectos está pensado para que sexa unha realidade en si mesmo, quizais non cumpra as expectativas dos veciños dos veciños de Xinzo».

Cal é o principal problema que detectas actualmente no concello de Xinzo?
A.F.: «O Concello, se falamos a nivel xestión, o principal que necesita é o emprego, é dicir, a potenciación deste parque empresarial. Levamos a cabo unha das iniciativas dentro do noso programa, que é a creación dun centro de formación para emprendedores, e mesmo a creación dun viveiro de empresas que sería un dos nosos principais piares. Despois, temos en mente a construción dun auditorio e multiusos tan demandada; tamén temos outra das demandas que nos comunican os veciños, que é a creación dunha residencia de maiores que de cobertura a todas as demandas que poidan existir no Concello. E outro dos piares básicos que tamén necesita este Concello é a potenciación deste mundo agrario, axudando, como non pode ser doutro xeito, ao plan de regadío que tan ben xestionou a Xunta de Galicia, que era a alma mater para que isto sexa unha realidade. Mesmo o Partido Popular vaise comprometer a que todas as subvencións que poidan vir de distintas entidades poidan abaratar o custo por hectárea dos propietarios, regantes e agricultores da comarca».

Cal sería entón a medida estrela do seu partido neste próximo mandato?
A.F.: «O fomento e a creación de emprego na creación dun Centro de Iniciativas Empresariais, a determinación de crear tamén un viveiro de empresas. Ademais, temos certos compromisos de importantes empresas multinacionais de Galicia para ter unha filial ubicada neste parque empresarial, que daría cobertura de emprego, entre postos directos e indirectos para persoas tan necesitadas de emprego».

Sobre a dinamización económica incidíaromos en todo o que dixeches.
A.F.: «Efectivamente, o parque empresarial é fundamental. O pequeno comercio estaremos apoiándoo como non pode ser doutro xeito, e non asfixiar a este autónomo ou a este pequeno ou mediano comercio, as pemes que temos en xinzo; a potenciación dos comerciantes en xinzo será un piar básico no que queremos traballar».

Despois deste cuatripartito, tralo 28M estarías disposto a algún pacto?
A.F.: «Hoxe non entendemos pactos. Estamos en campaña electoral e o noso obxectivo é gañar con maioría absoluta. Cada día que pasa vemos máis claro dende a opinión popular na rúa que Xinzo quere un cambio e quere un cambio cun goberno sólido cun proxecto único e capaz que non temos que pactar con ninguén e que podemos executa o noso programa como queremos executalo. Non vemos outra posibilidade que esa e unha vez chegado o día 28, segundo os resultados electorais, tamén podería darse ata que goberno a lista máis votada. Pactos? Creo para falar de pactos, seguimos insistindo, hoxe non entendemos pactos que non sexa polo ben de Xinzo que sexa un proxecto único, estable e que é o único que o garante é o Partido Popular de Xinzo».