Barrios 192

Xa está publicado o novo número de Barrios.

A portada deste número trae a escolares ourensáns participando na Semana Europea da Mobilidade, na que participa o Concello de Ourense con numerosas actividades. O escultor Buciños recibiu o premio «Celanova, Casa dos Poetas». A produción de pataca este ano redúcese entre un 15 e u 20%. Ourense foi a sede da última xornada da Copa Galicia d pumptrack.

Ourense está inmersa non proceso de cambio nas súas rúas con moitas obras que rematan e outras que están en proceso, ademais dos sistemas de mobilidade vertical que se están instalando en varios barrios da capital. O Concello aproba catro modificacións orzamentarias co apoio do PP a DO. Jácome fala sobre a agresión que recibiu por parte do editor – propietario de La Región, Óscar Outeiriño. A Subdelegación do Goberno presenta a súa memoria de 2021 e 2022.
O xestor José Manuel Díaz Barreiros recibe un merecido recoñecemento por parte do Colexio de Xestores de Galicia.

O alcalde de Xinzo, Amador Díaz, reúnese co presidente da Deputación, Luis Menor para tratar temas concernientes á capital da Limia. A Escola Rural de Saúde da Limia inicia o curso. O pleno de Xinzo solicitaba unha moratoria eólica na comarca do proxecto A Limia- Sarreaus.

Celanova acollerá un congreso internacional de formación para o traballo. O sábado, 23 de setembro (17.30h), Celanova acolle o duatlón Vila de Celanova (5k carreira – 20k bici – 2,5k carreira). Desde o 14 de setembro quedou inaugurada ao público unha exposición permanente na Torre da Homenaxe en Vilanova dos Infantes na que honran á Virxe do Cristal.

Novos descubrimentos na “Cibdá” de Armea -Allariz-; apareceu unha nova casa de dúas plantas e unha edificación castrexa pre-romana. Inscricións abertas para as actividades deportivas de Allariz.
O vindeiro sábado, 30 de setembro, a Fundación Vicente Risco de Allariz acollera o encontro “De O Bufón d’El Rei” a “O porco de pé”.

A UD Ourense colidera a Terceira Federación; o Barbadás suma un punto nas dúas xornadas disputadas. Cinco medallas para o Artai no europeo de Shuaijiao.

Clasificados, provincia, ocio e moito máis no novo númeo de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha