Amencer recolle alimentos na súa Operación Quilo

«O soño do compromiso» é o lema deta 37ª edición.

O Centro Comercial Ponte Vella únese, como cada ano, a esta iniciativa. Así, o sábado, 16 de decembro, de 10 a 22 horas estarán habilitados uns carriños no centro comercial para que quen queira poña o seu gran de area e doe comida non perecedoira neles.

«O soño do compromiso» é o eslogan escollido para a 37ª Operación Quilo deste Nadal. Con este eslogan queren suliñar, desde Amencer, o grande esforzo soilario que se vive na nosa cidade: é o soño da solidariedade e do compromiso polos máis desfavorecidos.

O grande obxectivo da Operacion Quilo é que poidamos facer Nadal contaxiando solidariedade e compromiso aquí e agora nunha cidade como a nosa, na que quen vivimos nela poidamos celebrar o Nadal (e o resto do ano) dignamente.

Se “quilaboramos” é posible! Cada pequeno ou gran paso, abrindo novos camiños, conta para que en Ourense sexa Nadal para todos e todas! De aí que afirmemos que «compartir empeza aquí e agora, en Ourense hai máis de 1.000 familias que cho agradecerán».

AMENCER organiza como todos os anos por estas datas a OPERACIÓN QUILO. Xa son 37 anos ininterrompidos nos que desde AMENCER se organiza esta campaña de solidariedade en Nadal. Realizámola en colaboración con Cáritas Diocesana de Ourense, que é a ONG que atende as familias desfavorecidas dos nosos barrios durante todo o ano.

A Operación Quilo consiste en recoller “quilos” de comida, xoguetes e diñeiro (este último transfórmase de maneira íntegra en alimentos de primeira necesidade). Todo o que se recolle repártese entre as familias desfavorecidas de Ourense, a través das Cáritas Parroquiais, que os atenden todo o ano.
Tamén pódese “quilaborar” empregando o bizum para doar diñeiro para esta campaña solidaria. Abonda con enviar o código 08260 e indicar a cantidade que se desexa transferir para a compra de alimentos de primeira necesidade.
Ademais nos supermercados do Grupo Cuevas (Plenus e Aquí), nos Gadis e nos Froiz tamén se pode «quilaborar» deixando alimentos non perecedoiros nos carriños da Operación Quilo que xa están colocados desde hai uns días.

En 208 comercios cos petos solidarios da OQ.
En 41 salóns de peiteado co lazo solidario da OQ.
En 58 entidades educativas, culturais, deportivas, sociais coas caixas da OQ.
En eventos deportivos solidarios abertos ao público.