Barrios 201

Novo e entroideiro número de Barrios.

Sae á rúa un novo número de Barrios no que o entroido é o protagonista case que absoluto.

Toda a provincia celebra o entroido e poñemos especial énfase nos entroidos de Verín, Xinzo, Ourense, Celanova, Bande, Allariz e Laza, entre outros.

Pero non todo é entroido e tamén falamos dunha das grandes citas deste 2024: as eleccións xerais á Xunta de Galicia. Varias son as dúbidas que xurden nesta ocasión, como se Rueda (PP) manterá a maioría absoluta ou se hai unha alternativa de esquerdas. Outra das dúbidas será saber se Democracia Ourensá entra con representación no Parlamento de Galicia durante os vindeiros catro anos.
Agricultores e andeiros maniféstanse polas condicións que lles esixen desde a UE; en Ourense estiveron dous días rodeando a Subdelegación do Goberno.

As axudas aos nados de 59 concellos ourensáns levaranse a máxima contía de axuda: 500 euros.
A Casa dos Poetas de Celanova presentouse unha antoloxía poética de Ramón Caride.

En deportes, do 16 ao 18 de febreiro celébrase en Expourense o Campionato de España de Pista Curta cos mellores atletas nacionais pisando o tartán ourensán.

Ocio, opinión, clasificados e moito máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha