Tradición, música e festa na praza Maior o 31 de outubro.
O Concello de Xinzo de Limia presenta a programación do Samaín 2025, que se celebrará o venres, 31 de outubro, na praza Maior, cunha tarde-noite de actividades gratuítas pensadas para toda a veciñanza.
A xornada comezará ás 17:00h con obradoiros infantís (sen inscrición previa) e continuará ás 19:00h cunha merenda aberta. Ás 20:00h actuará Los Camachuelos, banda ourensá que combina rock, rumba e ska, e a partir das 23:00h pechará a celebración a Discomóbil Apocalipsis on Tour cos DJs Saúl Gallego e Paulo Seone.
O Concello anima a encher a praza con persoas disfrazadas e cabazas de Samaín, recuperando o espírito desta festa de outono e convertendo o centro da vila nun espazo de encontro interxeracional.




