Samaín: modificación por previsión meteorolóxica

Por mor das condicións climatolóxicas adversas previstas para o venres, cancélanse as actividades no exterior, concerto e discomóbil do Samaín.

Mantéñense os obradoiros para a cativada e a merenda, que se trasladan á Casa da Cultura en horario de 18:00 a 20:00 h, onde haberá decoración de Samaínexposición de cabazas e música.

O Concello de Xinzo de Limia presenta a programación do Samaín 2025, que se celebrará o venres, 31 de outubro, na praza Maior, cunha tarde-noite de actividades gratuítas pensadas para toda a veciñanza.

A xornada comezará ás 17:00h con obradoiros infantís (sen inscrición previa) e continuará ás 19:00h cunha merenda aberta. Ás 20:00h actuará Los Camachuelos, banda ourensá que combina rock, rumba e ska, e a partir das 23:00h pechará a celebración a Discomóbil Apocalipsis on Tour cos DJs Saúl Gallego e Paulo Seone.

O Concello anima a encher a praza con persoas disfrazadas e cabazas de Samaín, recuperando o espírito desta festa de outono e convertendo o centro da vila nun espazo de encontro interxeracional.