Boscomusic

Colexio Salesianos Praza Don Bosco, 1 , Ourense, Ourense

A Asociación Xuvenil Amencer organiza, como tódolos anos, BOSCOMUSIC: un festival de música pola solidariedade. Este é o 22º ano que se leva a cabo Boscomusic. Terá lugar este venres 4 ás 19 h. no salón de actos de Salesianos. As entradas teñen un prezo de 3 euros e xa están á venda na Asociación […]

Concerto: Coro Gli Appassionati

Auditorio Municipal de Ourense Rúa da Canle, nº 2, Ourense, Ourense

Dende o Coro Gli Appassionati querémosvos facer chegar a nova do noso próximo concerto en Ourense: Este vindeiro domingo, 6 de xaneiro, ás 19.30, no Auditorio Municipal de Ourense na Gala Lírica de Reis a cargo do Coro Gli Appassionati. Interpretaranse obras da ópera italiana e francesa máis queridas polo público: Rossini,Verdi, Donizetti Mozart, Ponchielli, […]

Exposición: “Corpo, natureza e conciencia”

Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación r/ Progreso, 30, Ourense, Ourense

“Corpo, natureza e conciencia”, de Alberto Pena, no centro cultural “Marcos Valcárcel”. A exposición poderá visitarse ata o día 17 de febreiro. O centro cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense comeza este novo ano coa mostra “Corpo, natureza e conciencia”, na que o artista Alberto Pena, traslada aos lenzos a súa paisaxe interna, cunha […]

Conferencia

bar-restaurante O Tarao

Sustinea, Asociación de Desenvolvemento Sostible de Ourense organiza a charla "Un café con... Arancha Nogueira, poeta, muller, galega". Será o 24 de xaneiro, xoves, ás 19:30 h, no bar-restaurante O Tarao, en Ourense.

Concerto: Luz Casal

Auditorio Municipal de Ourense Rúa da Canle, nº 2, Ourense, Ourense

Luz Casal en concerto coa xira “Que Corra el Aire”. No Auditorio municipal de Ourense, venres, 8 de febreiro, ás 20.30 horas. As localidades xa están á venda a través de www.ataquilla.com, sala de exposicións Afundación (praza Maior) e www.caveaproducciones.com. Prezos: 40 euros + gastos anfiteatro e 45 euros + gastos patio de butacas.

Exposición: «Entroido é todo»

Sala exposición de Verín

A Sala de exposicións de Verín acolle a mostra monográfica “Entroido é todo” de Aurora López A Sala de Exposicións de Verín acolle, do 15 de febrero ata o 8 de marzo, a mostra monográfica “Entroido é todo”, na que a artista Aurora López presenta máis dunha vintena de obras en distintos soportes (tea, lenzo, […]

Exposición: ‘O paraíso nesta esquina’

Museo Municipal de Ourense Rúa Lepanto, nº 8, Ourense, Ourense

'O paraíso nesta esquina', de Belén Padrón e Xosé Carlos Seoane, é a nova aposta expositiva do Museo Municipal Nas salas 1 e 2 do espazo cultural da rúa Lepanto até o 17 de marzo.

Exposición: “Entroido é todo”

Sala exposición de Verín

“Entroido é todo” de Aurora López na Sala de Exposicións de Verín. Até o día 8 de marzo, a Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra “Entroido é todo” de Aurora López. Vintesete obras, asinadas co seu nome de pía ou co de Tirabeke (que utiliza como deseñadora), compoñen esta exposición monográfica sobre o […]

Carballiño Comedy4

auditorio O Carballiño

Monologo de Luís Zahera, o sabado, 16 de marzo, ás 21 horas no auditorio Manuel Maria do Carballiño.