Agenda Cultural
Coloquio “Crise humanitaria: ás portas de Europa”
Ateneo de Ourense av. Habana, 25, baixo, Ourense, Ourense, EspañaEste mércores 25 de maio, ás 19:30 horas, no Ateneo de Ourense, haberá un coloquio "Crise humanitaria: ás portas de Europa", no que intervirán Xabier Ron, membro da dirección de Esquerda Unida e deputado de AGE xunto con Sofía Díaz, responsable de políticas sociais de EU. No acto proxectarase o documental "Las muertes de Ceuta".
Concerto do Conservatorio Profesional de Música de Ourense
Praza de San Martiño Praza de San Martiño, Ourense , Ourense, EspañaEste xoves 26 de maio o Conservatorio profesional de Música de Ourense, ten previsto realizar (sempre que a climatoloxía o permita), un concerto na Praza San Martiño ás 19h. Actuarán a Banda infantil e a Banda de Grao profesional con interpretación de obras de diversos estilos e autores.
Conferencia: “Notas geológicas de la Depresión de Ourense”
Ateneo de Ourense av. Habana, 25, baixo, Ourense, Ourense, EspañaEste jueves 26 de mayo a las 20:15 horas, conferencia “Notas geológicas de la Depresión de Ourense” a cargo del profesor José Ramón Seara Valero, en el Ateneo de Ourense. En ella tratará algunos aspectos de la geología de la ciudad de Ourense y sus alrededores: sus distintos tipos de rocas, su geomorfología, la importancia […]
Cine: «Los cinco y el secreto de la pirámide» e «Toro»
Casa da Cultura de Verín r/Irmáns La Salle, Verín, Ourense, EspañaDurante os días 27 e 28 e 29 de maio , o cinema municipal de Verín acolle a proxección das películas "Los cinco y el secreto de la pirámide" e "Toro" no Salón de Actos da Casa da Cultura. Haberá varios pases: o venres 27, "Toro" ás 19:30 e 22:00 h.; o sábado 28, "Los […]
Espectáculo de maxia e mentalismo con Jose Rivera
Café Jam Session Rúa Ramón Cabanillas, 18. , Ourense, Ourense, EspañaO mago Jose Rivera presenta este venres 27 de maio o seu novo espectáculo de maxia e mentalismo. A cita é no Café Jam Session a partir das 23:30 horas, con entrada a tres euros.
Exposición: «Bajo el Cielo de Sanabria»
Sala de Exposicións de Verín r/Irmáns La Salle, Verín, Ourense, EspañaA Sala de Exposicións de Verín acolle, do 28 de maio ao 14 de xuño, a mostra de fotografías nocturnas "Bajo el Cielo de Sanabria" de Daniel Boyano Sotillo e Valentín Estanislao Sesma Berhó, organizada pola asociación cultural El Huerto del Pozo coa colaboración do Concello de Verín. Os fotógrafos Daniel Boyano Sotillo e Valentín […]
Cine: «Che Strano Chiamarsi Federico!»
Biblioteca Pública de Ourense r/ Concello, 11, Ourense, Ourense, EspañaDirixida por Ettore Scola (2013). Documental que rende homenaxe ao director italiano Federico Fellini para conmemorar o vixésimo aniversario da súa morte. Combina imaxes de arquivo e escenas rodadas en Cinecittà. Ettore Scola evoca o seu encontro con el na revista satírica «Marc’Aurelio» nos anos cincuenta, lembra os amigos comúns (entre eles Marcello Mastroianni) e, […]
9º Festival benéfico «Camiño á fama»
Colexio Salesianos Praza Don Bosco, 1 , Ourense, Ourense, EspañaO sábado, 28 de maio, no teatro de Salesianos, terá lugar o 9º Festival benéfico “Camiño á Fama”, organizado pola Comisión Música da Asociación Xuvenil Amencer. No festival, que transcorrirá entre as 18.00h e as 20.00h da tarde, contaremos coa presenza de diversos grupos de danza e intérpretes afeizoados da cidade de Ourense. Entre eles […]
Proxección do documental «Patrimonio Habitado»
Museo da Limia Rúa Celanova, 63, Vilar de Santos, Ourense, EspañaEste sábado 28 de maio, ás 19:30 h, no Museo da Limia de Vilar de Santos, proxección do documental "Patrimonio Habitado". O citado proxecto audiovisual mergúllase nun percorrido polo patrimonio inmaterial da Baixa Limia con especial atención aos elementos aínda vivos do patrimonio colectivo desa comarca ourensá. Nel participan veciños dos concellos de Entrimo, Lobios, […]
Domingos en Festa
Queixumes dos Pinos r/Zurbarán, 25, baixo, Ourense, Ourense, EspañaEste domingo 29 de maio, a partir das 12:30 horas, e dentro da programacion de Domingos en Festa, Esmeralda, recanteira de Luar, a agrupación folclórica Celme infantil e a proxeccion do documental de Miguel Ángel López, "Sons de Entroido II". Donativo de entrada: 1 euros.




