«Os Bolechas van ás Olimpíadas»

Centro Cultural e das Artes de Verín Verín, Ourense, España

O sábado 18 de xuño, ás 12:30 horas, o Auditorio Municipal acolle o espectáculo Os Bolechas van ás Olimpíadas, actuación de monicreques manipulados por actores á vista para público infantil e familiar con entrada gratuíta. O acto, organizado pola Rede de Dinamización Lingüística coa colaboración do Concello de Verín, fomenta a participación en galego dos […]

3º Festival de Bandas de Música

Festival de Xardíns de Allariz Paseo Portovello, Allariz, Ourense, España

Allariz acolle os días 18 e 19 de xuño o 3º Festival de Bandas de Música no Festival Internacional de Xardíns (FIXA). O evento comeza o sábado cun pasarrúas ás 19:30 horas desde a praza Maior alaricana, e o posterior concerto no recinto do FIXA, ás 20 horas, a cargo da Banda Musical Parafita da […]

Concerto: SOS Refuxiados Maceda

Parque Francisco Carballo Parque Francisco Carballo, Maceda, Ourense, España

O parque Francisco Carballo de Maceda é o lugar escollido para o concerto solidario SOS Refuxiados que se organizará o vindeiro sábado 18 de xuño. A partir das 21 horas actuarán Carlos Quintas, Andrius Blues Nights & Jam Band, Mar Rivero, Xarabote e Os do Fuelle.

Exposición «A alegría da cor»

Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación r/ Progreso, 30, Ourense, Ourense, España

O Centro Cultural “Marcos Valcárcel” conta cunha nova mostra nas súas instalacións. “A alegría da cor” do pintor José Ramón, quen faleceu a finais de 2015, cando estaba a rematar os preparativos desta mostra, que o Centro Cultural mantén coma homenaxe póstuma. A presentación da exposición tivo lugar esta mañá no Centro Cultural, acto no […]

Presentación do libro: «De camiños, viaxeiros e camiñantes»

Espacio cultural Elcercano Cardenal Quevedo, 20, Ourense, Ourense, España

Santiago Lamas e Alfonso Mato presentan a obra "De camiños, viaxeiros e camiñantes", coa que gañaron o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2015, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa e o Centro Ramón Piñeiro. O acto terá lugar o […]

Exposición de arte e fotografía da Festa da Istoria

Igrexa da Madalena Ribadavia, Ourense, España

A Asociación Coordinadora da Festa da Istoria convida á inauguración da exposición de arte e fotografía este xoves 23 de xuño, ás 21:30 horas, na Igrexa da Madalena de Ribadavia. A mostra poderá visitarse ata o 10 de xullo.

Exposición «Tempo de luz»

Museo Municipal de Ourense Rúa Lepanto, nº 8, Ourense, Ourense, España

Cos días de verán chega ao Museo Municipal de Ourense (rúa Lepanto) a exposición "Tempo de Luz", do artista vigués Antonio Abad, unha escolla de 24 obras realizadas coa técnica do pastel representativas das paisaxes galegas -ríos, fervenzas, árbores- pero tamén da visión intimista do seu autor. A mostra estará na sala de lectura do […]

Exposición «Taller de Imaxinación»

Fundación Vicente Risco r/San Lorenzo, 3, Allariz, Ourense, España

Venres 24 de xuño, ás 20:30 horas na Fundación Vicente Risco de Allariz, inauguración da exposición"Taller de Imaxinación". Poderá verse ata o 17 de xullo.

Espectáculo «Terras de Queimada»

Praza García Barbón Praza García Barbón, Verín, Ourense, España

O espectáculo "Terras de Queimada", de Queiman e Pousa, celebrarase á noite de San Xoán (xoves 23 a venres 24), ás 0:30 horas, na praza García Barbón de Verín.  Tras o espectáculo, o Concello de Verín queimará a tradicional fogueira de San Xoán na Praza da Alameda. A xornada contará tamén coa animación musical de […]

Concerto 2naFronteira

Fundación Vicente Risco r/San Lorenzo, 3, Allariz, Ourense, España

O sábado 25 de xuño ás 20:30 horas na Fundación Vicente Risco de Allariz concerto de Carmen Penín - 2naFronteira "Homenaxe á revista Nós e ás Irmandadesda Fala".