Cine: «Asolagados»

Museo Etnolóxico de Ribadavia rúa de Santiago, 10, Ribadavia, Ourense, España

O ciclo de cine de outono "Miradas Etnográficas 4" organizado polo Cineclube Padre Feijoo no Museo Etnolóxico de Ribadavia proxecta este venres 7 de outubro o filme "Asolagados" de Daviz Vázquez. Haberá un único pase ás 20:30 horas con entrada de balde. Sinopse Documental sobre a xente e os pobos (Abideira, Porto, Castro Candaz, Santa […]

9º FITO: «Circo mediterráneo»

Parque Barbaña Parque Barbaña, Ourense

A compañía andaluza Rolabola presenta "Circo mediterráneo" dentro da programación do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. Será o 8 de outubro ás 19 horas no Parque Barbaña. Sinopse O Circo mediterráneo é un espectáculo, en formato cabaré, que recolle o mellor da tradición circense incorporando as características artísticas propias do circo contemporáneo. O […]

9º FITO: «Petrushka-Extended»

Teatro Principal de Ourense Rúa da Paz, 9, Ourense , Ourense, España

A compañía danesa Granhøj Dans presenta "Petrushka-Extended" dentro da programación do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. Será o sábado 8 de outubro ás 20:30 horas no Teatro Principal. Sinopse En Petrushka-Extended, Palle Granhøj explora unha vez máis o interior da linguaxe da danza. Por segunda vez Granhøj fai fincapé na fusión entre a […]

8€

Cine: «Natureza Morta»

Museo Etnolóxico de Ribadavia rúa de Santiago, 10, Ribadavia, Ourense, España

No ciclo de cine de outono cas miradas etnográficas 4 do Museo Etnolóxico de Ribadavia, este sábado 8 de outubro proxéctase a película "Natureza morta", de Jia Zhang Ke. Será ás 20:30 horas con entrada de balde. Sinopse Trala construción da presa das Tres Gargantas (China) , a aldea de Fengjie foi inundada e os […]

Infantil: «Carapuchiña no faiado»

Auditorio Municipal de Ourense Rúa da Canle, nº 2, Ourense, Ourense, España

Flora é unha actriz que sobe ao faiado para facer unha limpeza xeral...en cada recuncho agárdanlle moitas sorpresas. Cando no vello baúl atopa a Carapuchiña Vermella comeza o xogo... TEATRO 12h Sala Principal + 3 anos 45m Entradas: www.ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do […]

3€

Contos na Lareira

Auditorio Municipal de Ourense Rúa da Canle, nº 2, Ourense, Ourense, España

A tradición oral galega cobra vida neste espectáculo, creado polos produtores de Noites de retranca, da man de dous dos nosos contadores máis universais como son Cándido Pazó e Quico Cadaval.

8€

Teatro: «Helena, xuízo a unha lurpia»

Teatro Principal de Ourense Rúa da Paz, 9, Ourense , Ourense, España

Nese espazo no que a nosa memoria a converte en INMORTAL, atopámonos con Helena de Troia, “a bela Helena”, afilla de Zeus e Leda, a esposa de Menelao, a amante de París. Estamos no século XXI. Helena xa non é “a bela Helena”, senón unha muller con certos signos que nos falan do implacable paso […]

6€ – 10€

Exposición: “Saúde e Terra, irmá(n)s!”

Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación r/ Progreso, 30, Ourense, Ourense, España

No Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense pode visitarse ata o 20 de outubro a exposición “Saúde e Terra, irmá(n)s!”, que amosa o legado das Irmandades da Fala. “Saúde e Terra, irmá(n)s!” conta cunha comisión organizadora na que participaron Margarita Ledo Andión e Henrique Monteagudo en representación da Real Academia Galega, Xusto Beramendi […]

Exposición: «Dinosancias. El aburrimiento o el derecho a no hacer»

Ateneo de Ourense av. Habana, 25, baixo, Ourense, Ourense, España

O Ateneo de Ourense acolle ata final de mes a exposición de Luis Vecino e Ángel Soldevilla "Disonancias. El aburrimiento o el derecho a no hacer". Dous ourensáns que unen a súa creatividade e móstrana no Ateneo de Ourense. Ángel Soldevilla empezou no mundo da creación literaria publicando o seu primeiro poemario en 2011, titulado […]

Exposición: «Experimenta 10+1»

Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación r/ Progreso, 30, Ourense, Ourense, España

No Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense vén de inaugurarse a exposición “Experimenta 10+1”, un proxecto expositivo colectivo no que os artistas xogan co espazo, coa cor, o volume, a forma e a percepción do espectador. Pintura, escultura, debuxo, instalación, e mesmo vídeo, reflicten toda a multidisciplinariedade da arte contemporánea nas obras de […]