Carreira popular Xinzo de Limia

Xinzo de Limia

A Carreira Popular Concello den Xinzo de Limia, será o domingo 13 de maio, cun percorrido de 10km, homologado pola Federación Galega de Atletismo, no circuito máis rápido de Galicia. Como en edicións anteriores haberá carreiras para os menores.

Exposición: Lembrando aos que xa non están

Liceo de Ourense Rúa Lamas Carvajal, 5, Ourense, Ourense

A exposición "Lembrando aos que xa non están" estará aberta no Liceo ata o 30 de maio. É unha mostra que recolle coleccións de socios que a día de hoxe xa non están connosco, senón, disfrutando da eternidade e cun particular engadido: de xeito xeneroso e desinteresado fixeron doazón desas coleccións á nosa sociedade e […]

II Xornada de carreiras de cabalos

O xoves, 17 de maio celebrase no hipódromo de Antela a segunda xornada de carreira de cabalos "Gran premio Día das Letras Galegas. A partir das 11 horas.

Exposición: Maec. Piernetas

Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación r/ Progreso, 30, Ourense, Ourense

Ata o 27 de maio Lugar: Sala 0 do Centro Cultural Marcos Valcárcel. Horario: Luns a sábado de 11.00 a 14.00h. e de 17.00h. a 21.00h. Domingos e festivos de 11.00h. a 14.00h. Precio: De balde

BTT familiar no Carballiño

Un centenar de persoas, entre pequenos e maiores, daranse cita este sábado, 19 de maio, no parque municipal do Carballiño, para participar na III BTT EN FAMILIA. O evento comezará ás 16h, se ben a recollida de dorsais terá lugar a partir das 15,00 h., na entrada do parque.

Teatro en Xinzo

Auditorio Ángel Cocho de Xinzo

Este sábado, 19 de maio, ás 19:30 horas teatro: Os cornos son cousa de tres. No auditorio Ángel Cocho de Xinzo de Limia.

Día Mundial das abellas

Festival de Xardíns de Allariz Paseo Portovello, Allariz, Ourense

Allariz celebra o 20 de maio, domingo, o Día Mundial das abellas. De 11 a 14 horas no Festival Internacional Xardíns de Allariz con obradoiros e degustacións. A cada visitante entregaráselle no momento da entrada aos xardíns un folleto onde aparecerá información sobre a celebración do Día Mundial da Abella e o percorrido didáctico polos […]

Concerto do Conservatorio de Verín

Auditorio Municipal de Verín Camiño a Balneario de Sousas, Verín, Ourense

O venres día 26, ás 19 horas, profesores e alumnos do Conservatorio Elemental de Música de Verín ofrecerán un concerto didáctico, enfocado a nenos entre 6 e 14 anos, acompañados de familiares ou adultos. Profesores, alumnos, o Grupo de Corda e a Banda do Conservatorio de Verín, interpretarán temas populares, clásicos e infantís, presentarán os […]

Concerto de música medieval

igrexa santísima Triniade

2 de xuño, ás 20.30 horas, na igrexa da Santísima Trinidade. Concerto de música medieval, con instrumentos do Pórtico do Paraíso. Alumnos e profesores do I Curso de Música Medieval da Deputación de Ourense.

Teatro: «Coleccionistas»

Auditorio Municipal de Verín Camiño a Balneario de Sousas, Verín, Ourense

O venres, 2 de xuño, teatro no auditoria de Verín coa obra "Coleccionistas. A partir das 21 horas.