Contos na Lareira

Auditorio Municipal de Ourense Rúa da Canle, nº 2, Ourense, Ourense, España

A tradición oral galega cobra vida neste espectáculo, creado polos produtores de Noites de retranca, da man de dous dos nosos contadores máis universais como son Cándido Pazó e Quico Cadaval.

8€

Teatro: «Helena, xuízo a unha lurpia»

Teatro Principal de Ourense Rúa da Paz, 9, Ourense , Ourense, España

Nese espazo no que a nosa memoria a converte en INMORTAL, atopámonos con Helena de Troia, “a bela Helena”, afilla de Zeus e Leda, a esposa de Menelao, a amante de París. Estamos no século XXI. Helena xa non é “a bela Helena”, senón unha muller con certos signos que nos falan do implacable paso […]

6€ – 10€

Exposición: “Saúde e Terra, irmá(n)s!”

Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación r/ Progreso, 30, Ourense, Ourense, España

No Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense pode visitarse ata o 20 de outubro a exposición “Saúde e Terra, irmá(n)s!”, que amosa o legado das Irmandades da Fala. “Saúde e Terra, irmá(n)s!” conta cunha comisión organizadora na que participaron Margarita Ledo Andión e Henrique Monteagudo en representación da Real Academia Galega, Xusto Beramendi […]

Exposición: «Dinosancias. El aburrimiento o el derecho a no hacer»

Ateneo de Ourense av. Habana, 25, baixo, Ourense, Ourense, España

O Ateneo de Ourense acolle ata final de mes a exposición de Luis Vecino e Ángel Soldevilla "Disonancias. El aburrimiento o el derecho a no hacer". Dous ourensáns que unen a súa creatividade e móstrana no Ateneo de Ourense. Ángel Soldevilla empezou no mundo da creación literaria publicando o seu primeiro poemario en 2011, titulado […]

Exposición: «Experimenta 10+1»

Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación r/ Progreso, 30, Ourense, Ourense, España

No Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense vén de inaugurarse a exposición “Experimenta 10+1”, un proxecto expositivo colectivo no que os artistas xogan co espazo, coa cor, o volume, a forma e a percepción do espectador. Pintura, escultura, debuxo, instalación, e mesmo vídeo, reflicten toda a multidisciplinariedade da arte contemporánea nas obras de […]

Cine: «Nebraska»

Afundación Praza Maior, 4, Ourense, Ourense, España

A Fundación Galicia Obra Social, Afundación, acollerá o luns, 10 de outubro ás 20.00 h, na súa sede de Ourense, a proxección da película "Nebraska" (2013) do director Alexander Payne. Esta iniciativa é parte do ciclo de cine «60+ counts: orgullo de ser maior», de acceso libre e gratuíto ata completar capacidade, que se prolongará […]

Cine: «As 1001 Noites Volume 3, O Encantado»

Biblioteca Pública de Ourense r/ Concello, 11, Ourense, Ourense, España

Dentro da sección Luns de Filmoteca do Cineclube Padre Feijoo e en colaboración co CGAI-Filmoteca de Galicia, o luns 10 de outubro proxéctase ás  20:30 e 23 horas, en VOScastelán, "As 1001 Noites Volume 3, O Encantado" de Miguel Gomes. Nun país europeo en crise, Portugal, un director proponse construír ficcións a partir da miserable […]

2€

9º FITO: «Cena de pájaros»

Teatro Principal de Ourense Rúa da Paz, 9, Ourense , Ourense, España

A compañía madrileña Los Hedonistas presenta "Cena de Pájaros" dentro da programación do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. Será o martes 11 de outubro ás 20:30 horas no Teatro Principal. Sinopse Do tempo xorde o ser, a morte, o nacemento, o matar e comer outros seres vivos. A esencia da vida é devorarse […]

8€

Títeres e teatro para nenos

Fundación Vicente Risco r/San Lorenzo, 3, Allariz, Ourense, España

Este mércores 12 de outubro, ás 17:30 horas, haberá tíiteres e teatro para nenos na Fundación Vicente Risco de Allariz, a cargo de Livier Cruz, con "Un sueño naranja" A entrada custa 5 euros, sendo para Amigos Fundación Vicente Risco, Aira das Letras e Galería Circular de 3 euros.

3€ – 5€

9º FITO: «As fillas bravas»

Auditorio Municipal de Ourense Rúa da Canle, nº 2, Ourense, Ourense, España

A compañía Chévere presenta "As fillas bravas" dentro da programación do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. Será o mércores 12 de outubro ás 20:30 horas no Auditorio Municipal. Sinopse Un grupo de cantareiras (tres irmás) ofrece un recital e entre canción e canción vai xurdindo un diálogo entre elas e co público sobre […]

8€