Xa está na rúa o primeiro número de 2017 do Ourense por Barrios.

Publicado o número de xaneiro do Ourense por Barrios

A gripe, como tema centra, é sempre recorrente nesta primeira edición do ano; o pleno e a manifestación da plataforma PROCAPD de Ourense son os outros temas principais.

Ademais, a 18ª edición de Xantar (do 1 ao 5 de febreiro) xunto á entrevista a Xulio Conde, adestrador da Escola de ciclismo J.A. Hermida, tamén son noticia de portada.

O espazo Lusquiños ofrece a posibilidade a grupos e solistas de apuntarse para poder ensaiar nas súas salas.

O Centro de Saúde da Valenzá estará operativo no mes de marzo. Ademais, Barbadás estrea nova imaxe e novo logo: Quéreo, víveo.

En canto ao Concello de Ourense, este impulsa o Programa de Vivendas Baleiras da Xunta e mantivo, xunto ao ente autonómico e outros alcaldes da comarca unha reunión para a reordenación do transporte público.

Moitos son os concursos que vén de presentar o concello: o cartel do Entroido 2017; reflexión sobre o consumo de alcol; youtubeiros e a segunda edición de “Cartas de amor”.

En deportes, facémonos eco da marcha do Club Ourense Baloncesto na LEB Ouro e dos dous conxuntos ourensáns da Primeira división de fútbol sala: Ourense Envialia e Cidade das Burgas. A UD Ourense, na Primeira Galicia, segue os pasos do Bande.

O mes de febreiro chega plagado de actividade no Auditorio Municipal, e o X pórtico do Paraíso terá sede en Ourense, Esgos e Xunqueira de Ambía.

Todos estes temas e máis, podes lelos no seguinte enlace