As actividades están dirixidas aos nenos e nenas de 6 a 13 anos e teñen coma obxectivo apoiar a conciliación laboral e familiar, co medio ambiente e o río Miño como protagonistas.

A concelleira de Educación, Ana Garrido, presentou as actividades que se desenvolverán na Aula da Natureza durante a Semana Santa, acompañada do responsable das mesmas, Luis Amigo.

O Concelllo de Ourense, a través da Concellería de Educación, promove un completo programa de actividades para este periodo festivo, co obxectivo de axudar aos pais e nais a conciliar a vida laboral e familiar.

As actividades desenvolveranse na Aula da Natureza os días 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril de 10.00h a 13.00h e de 16.00h a 19.00h, están dirixidas a nenos e nenas de 6 a 13 anos, e teñen un custe de 10 euros.

Todas as actividades teñen coma obxectivo achegar aos nenos e nenas a un entorno saudable, con divertidas actividades baseadas na natureza e o medio ambiente, concienciando da importancia da conservación do entorno e a implicación directa deste na nosa vida e saúde.

A Concellería de Educación quere con estas actividades fomentar o respeto e a convivencia desde unha perspectiva lúdica, introducir os xogos populares, que os nenos e nenas coñezan a importancia da auga para a vida e a saúde, así como a flora e a fauna da provincia, ao tempo que se proporciona unha axuda ás nais e pais para posibilitar a conciliación laboral.

Todos os interesados ou interesadas poden formalizar a súa inscrición ata o venres 27 de marzo no teléfono 988 510 781, enviando un correo electrónico a aulanatureza@ourense.es, ou de xeito presencial na propia Aula da Natureza en Oira.