Tala de árbores en Xunqueira de Ambía

Amigos da Terra vén de denunciar a corta de decenas de árbores de distintas especies a carón do coñecido como camiño Mozarabe-Vía da Prata no concello de Xunqueira de Ambía.

As árbores taladas polo pé foron na súa maioría carballos, e tamén hai bidueiros, e salgueiros, indican os ecoloxistas. Esta corta realizouse preto da aldea de Cima de Vila, no concello de Xunqueira de Ambía, e produciuse nunha superficie nos arredores da zona de protección do camiño camiño Mozárabe-Vía da Prata.

Amigos da Terra considera que este tipo de actuación podían evitarse e lembra que os Camiños de Santiago están protexidos por Lei e o seu coidado e protección debe de ser prioridade tanto das Administracións públicas como dos cidadáns.

Dende Amigos da Terra xa realizaron as correspondentes denuncias diante dos organismos responsables, o que implica á Consellería do Medio Rural e á Dirección Xeral de Patrimonio.