Debido ás condicións meteorolóxicas adversas, os concertos de Jazz previstos na Praza Maior serán no Auditorio o venres e na praza de Santa Eufemia o sábado.

Rematado o prazo de inscrición para participar no concurso de Maios e Coplas do Concello de Ourense 2015, hai presentados un total de 23 proxectos a concurso. Así, o domingo 3 de maio celebrarase a Festa dos Maios co inicio das romarías ás 12 horas.
Unha hora despois terá lugar o concerto da Banda Municipal de Música. Simultaneamente, de 12 a 16 horas, haberá sesión vermú con petiscos.

Xa pola tarde, ás 16.30 horas comezarán os xogos populares e ás 18.30 celebrarase a entrega de premios e o canto de coplas finalistas.

Os concertos de Jazz cambian de escenario
Con motivo das condicións climatolóxicas adversas previstas para a ponte, os dous concertos de jazz da fin de semana previstos inicialmente na Praza Maior cambiarán de escenario. O concerto do venres 1 de maio, “Abe Rábade trío e Real Filarmónica de Galicia será no Auditorio Municipal a partir das 22 horas, e o concerto do sábado “Carles Benavent trio e Antonio Serrano e Raynald Colom” será na Praza de Santa Eufemia, a partir das 23 horas.

Tamén o sábado terá lugar o concerto do coro Aires da Terra, o legado de Feijoo, en homenaxe a Perfecto Feijoo, un dos pais dos coros galegos. Será no Liceo ás 20 horas.

Horarios da Oficina de Turismo
Durante estes tres días, 1, 2 e 3 de maio, a oficina de Turismo terá horarios especiais con motivo da celebración dos Maios. Abrirá en horario de mañá, de 11 a 14 horas, e de tarde, de 17 a 19 horas.