Candidatura do PP en Nogueira de Ramuín

O PP de Nogueira de Ramuín presenta unha candidatura centrada en mellorar a calidade de vida dos veciños do municipio.

 

O Partido Popular de Nogueira de Ramuín presentou a súa candidatura para revalidar a alcaldía. Esta lista, liderada por José César Parente, “está centrada e volcada en mellorar a calidade de vida dos veciños do municipio”, tal e como sinalou o candidato á reelección.

Neste senso, José César Parente recalcou que “o noso principal cometido estará en seguir reforzando os servizos municipais, sobre todo os asistenciais, para que Nogueira de Ramuín continúe medrando e asentando poboación”. No tocante ás persoas que o acompañan na candidatura, Parente deixou claro que “son homes e mulleres que coñecen de primeira man as necesidades do municipio, que están en contacto permanente cos veciños e que teñen un concepto clave: Nogueira de Ramuín”.

Pola súa banda, o presidente provincial do PPOU e candidato á presidencia da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, sinalou que “nun marco incomparable en todo o mundo como o da Ribeira Sacra, a cooperación e o traballo en equipo son a base para acadar éxitos, como ben saben facer en Nogueira de Ramuín”.

Acompañan a Parente do número 2 ao 11 da lista, Camilio Rodríguez, Raúl Soto, Manuel Pereira, Manuela María Salgado, Francisco Gómez, Camilo Blanco, Juan Luis Cachaldora, María del Mar Rodríguez, Benjamín Pérez e Marta María Pérez.