Candidatura socialista en Pereiro de Aguiar

Trátase dunha candidatura “experimentada e preparada para afrontar un cambio real da forma de gobernar”, despois de tres décadas de maiorías absolutas do PP, salientan.

 

Os socialistas do Pereiro presentaron no encoro de Cachamuiña a candidatura oficial ás inminentes eleccións municipais do 24 de maio, encabezada por César Grande, que repite como líder de seu partido, e que actualmente desempeña como concelleiro, a portavocía do grupo principal da oposición na corporación local.

O candidato do PSOE á alcaldía,anifestou que se presenta cun equipo de traballo a estas eleccións municipais que “conxuga a experiencia, a preparación, e coñecemento profundo da política local, xunto coa incorporación de persoas novas que comparten un proxecto moderno e ambicioso, cunha intención clara de cambiar as vellas receitas caciquiles, por políticas novas comprometidas pola transparencia e a honestidade.”

César Grande, resaltou na presentación que unha maior presenza do PSOE no Concello de Pereiro contribuirá a “defender e axudar aos sectores máis sensibles que sufriron as consecuencias da grave crise, como os desempregados, os nenos, a xuventude, a terceira idade, e as mulleres, así como, a mellorar a prestación dos servizos públicos, a impulsar as políticas de promoción do comercio local, e de emprego, do transporte colectivo, e a defensa do noso patrimonio cultural” e, especialmente “denunciar, os casos de corrupción e enchufismo do Partido Popular no concello”.

Despois de César, os seguintes postos da candidatura ocúpana por orde Jorge Gutiérrez, Ana Belen Hermida, Enrique Barreiros, Maria Luisa, Juan Carlos Vila, Maria Elena Peman Jose Manuel Rego, Maria Del Pilar Iglesias Ivan Quintana Montserrat Sandianes Maria Carmen Figueiral Iglesias, e pechan a lista Joaquin Vazquez, Maria Elena Ansia e Antonio Quintana, “trátase de persoas que intenta representar a todos os sectores da sociedade da vida do Pereiro, dende desempregados, autónomos, empresarios, funcionarios, sindicalistas, do mundo do deporte, de movementos asociativos, xuvenís etc”.

Así mesmo, o candidato socialista recordou que nestes catro anos na oposición, mentres que o PSdeG-PSOE presentou multitude de novas propostas de goberno, destinadas principalmente á creación de emprego, e a mellorar a calidade de vida de os cidadáns, o PP «dedicouse a incumprir sistematicamente as súas promesas electorais, deixando aos veciños sen centro de maiores, sen un novo centro de saúde e sen servizo de transporte de viaxeiros».

Por último, manifestouse en relación ao gran número de candidaturas en Pereiro respecto a outros concellos similares «preséntanse 5 partidos», recordando que a dispersión do voto de esquerdas, debido ao vixente sistema electoral, só beneficiará ao Partido Popular no goberno, polo que fixo un chamamento ao voto útil ao PSdeG-PSOE o próximo 24 de maio.