O candidato popular comprométese a que se é alcalde, respostará «a todo canto lle plantexen os veciños nun prazo máximo de 15 días».

 

Jesús Vázquez plantexa como un dos eixos do seu goberno convertir ao Concello nunha administración municipal que teña unha relación próxima e sinxela co cidadán, aberto á sociedade e a todos os cidadáns, que escoite de maneira activa os problemas, queixas e suxestións reais dos homes e mulleres que viven en Ourense, e que lles permita participar nas súas solucións e na construción dunha prestación óptima dos servizos municipais.

Por iso, para Jesús Vázquez é preciso potenciar os orzamentos participativos, resolvéndose estes durante o primeiro trimestre do ano. «Ninguén mellor que os propios veciños e asociacións veciñais pode decidir onde están as necesidades máis inmediatas en cada barrio e en cada rúa. Por eso é preciso establecer un diálogo fluido e áxil para acadar melloras entre todos», recalca Jesús Vázquez.

De feito, cando Jesús Vázquez sexa alcalde, respostará a todo canto lle plantexen os veciños nun prazo máximo de 15 días a través da web municipal, no apartado «O Alcalde Responde». Do mesmo xeito, establecerá un Servizo de Atención Continuada ao Cidadán, de resposta inmediata a través da páxina web e do teléfono, que garanta a proximidade e a resposta a suxestións, queixas e consultas en tempo e calidade.

Por último, Jesús Vázquez establecerá o Debate sobre o Estado da Cidade, un foro político no que os grupos políticos expoñan e analicen a situación do municipio, coa posibilidade de que os colectivos veciñais expoñan as súas preguntas en función do regulamento de participación cidadá do Concello de Ourense.