O candidato popular asegura que porá todo o seu empeño «en revitalizar este lugar emblemático do noso sector comercial e que hai que situar tamén como unha referencia no turismo da nosa cidade».

 

O candidato popular á alcaldía de Ourense, Jesús Vázquez, percorreu os postos da Praza de Abastos número 1 para explicar o seu proxecto político e coñecer e constatar de primeira man as necesidades dos praceiros. Algunhas delas que tan só precisan de vontade política, como por exemplo o feito de manter abertos os aseos públicos municipais para dar servizo aos titulares das panaderías e dos propios clientes durante os domingos e festivos, algo ao que se comprometeu o candidato do PP á alcaldía.

Jesús Vázquez anunciou que «a ansiada reforma da Praza de Abastos número 1 de Ourense será unha realidade». De feito, comprometeu todo o seu esforzo en implicar ás demáis administracións nun proxecto que require non só a propia reforma estructural, senón tamén un plan decidido para revitalizar este lugar emblemático do noso sector comercial e que hai que situar tamén como unha referencia no turismo da nosa cidade». Tamén avanzou que no seu programa leva a posta en marcha inmediata da Praza de Abastos de A Ponte, a número 2 da cidade.

Neste senso, Jesús Vázquez recalcou que en toda actuación na Praza de Abastos número 1 debe existir como base o consenso cos comerciantes, co fin de garantir un aproveitamento máis eficiente do espazo e a creación de novas oportunidades para emprendedores, converténdose así no eixo dinamizador e vertebrador do seu contorno.
.