O candidato de Anova vén de asinar ante notario un poder para que calquera cidadán poida consultar estes datos en calquera momento do seu mandato.

 

O candidato de Anova á alcaldía de Ourense asistíu a unha notaría situada no barrio da Ponte para asinar un poder que faculta a calquera persoa maior idade empadroada en Ourense a acceder e recibir información de calquera oficina bancaria, notaría, rexistro da propiedade, rexistro administrativo e calquera outra institución pública ou privada sobre os seus bens mobles e inmobles, contas bancarias, ingresos e gastos e calquera outro dato patrimonial relevante en relación á súa actividade política.

Este poder estará en vigor desde a data do seu outorgamento até que trancorra un ano desde que remate a súa actividade institucional.

Acto seguido, convidou aos demais cabezas de lista de todos os partidos políticos que se presentan á alcaldía da capital a facer o mesmo.