O candidato socialista responde ás acusacións de Freire Couto de paralizar o proxecto por denuncialo, xunto ao tenente de alcalde, por presunto enriquecemento ilícito.

 

O voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, esixe ao goberno do PP de Barbadás que desbloquee a área de reparto na que está prevista a construcción do instituto de secundaria.

Ademais, Valcárcel desminte de xeito tallante as acusacións do actual alcalde, José Manuel Freire Couto, nas que culpa ao grupo socialista de paralizar o desenrolo da AR-10 pola denuncia presentada no seu día por presunto enriquecemento ilícito. O socialista lembra que “Freire non quixo en ningún momento negociar o desenvolvemento deste área de reparto coa oposición e que tanto el como o tenente alcalde se abstiveran na votación”, así mesmo lamenta que o que o rexedor se escude en “burdas manipulacións para xustificar o retraso dos avances na urbanicación desta zona”.

O líder socialista lembrou que o tenente alcalde de Barbadás, Manuel García, é propietario de 3.100 metros cadrados nun área de reparto na que o grupo Mahía/Maexpa tiña prevista a construcción, antes da crise económica, de preto de 600 vivendas

En maio de 2013 os socialistas deron a coñecer que García e Freire Couto “supostamente teñen propiedades na área de reparto número 10 da Valenzá e en Sanxenxo, algo que non parece unha simple coincidencia”, explican. Así, o PSdeG presentou en xullo de 2013 unha denuncia contra ambos por un suposto enriquecemento ilícito derivado de diversas operacións urbanísticas do rexedor con exconcelleiros do PP, construtores, presuntos testaferros e promotores inmobiliarios.

A través dunha das súas empresas familiares, o alcalde de Barbadás posúe 345 metros cadrados nesa parcela e García é dono do 4,42% da finca, con 2.996 metros cuadrados.

O máis grave, segundo Valcárcel, é que “non só non se soluciona o problema, senón que se está retrasando ao mesmo tempo o proxecto de construcción do instituto, debido aos erros e á ineptitude do PP”.