O candidato popular á alcaldía de Ourense solicitará a declaración de área de rehabilitación (ARI) para o barrio de Covadonga, co fin de acadar melloras nas súas vivendas en colaboración con outras administración.

Tamén avanza Jesús Vázquez que se desenvolverá un Plan Especial de Rehabilitación e Creación de Novos Establecementos na zona sur do casco histórico, recuperando así a súa actividade comercial e revitalizando esta zona da cidade.

No tocante ao fomento da rehabilitación e posta en valor das edificacións, o programa electoral de goberno do PP para Ourense especifica que se promoverá que as comunidades de propietarios dispoñan de información actualizada sobre o estado dos seus edificios para garantir que se cumpran as obligas legais en relación ao seu mantemento e coidado.

Precisamente, no que corresponde á rehabilitación de edificios e vivendas, Jesús Vázquez aboga polo seu fomento, cunha reducción, fraccionamento e aprazamento das taxas e tributos derivados destas actuacións, facilitando a súa accesibilidade.

 

Video de campaña

Este 15 de maio foi presentado a través das redes sociais do PP de Ourense e do candidato á alcaldía de Ourense, Jesús Vázquez, o vídeo de campaña «Con outra mirada», que ilustra o lema de campaña dos populares ourensáns e resulta un complemento ao programa electoral do PP na cidade.

O guión foi ideado polo coordinador de campaña provincial do PP, responsable do programa electoral na cidade e membro da candidatura de Ourense, Jorge Pumar. «Quixemos ilustrar dun xeito audiovisual o lema da campaña, o cambio que vai a supoñer para a cidade outro xeito de gobernar, devolvendo a cor a un Ourense que se instalou no branco e negro dende hai oito anos». Ademáis, Jorge Pumar subraia que «dende o PP de Ourense facemos unha campaña de proximidade, e que tamén potenciamos a través das redes sociais, claves hoxe en día».

O vídeo pódese visualizar no canal de youtube do PP de Ourense, no seguinte enlace: https://youtu.be/1vr0ZvX7WMc