Este 15 de maio finalizaba o prazo fixado polo Xulgado para o pago de máis de 2,5 millóns de euros e os populares non teñen constancia de que se abonaran.

O grupo municipal do PP alertou de que este venres 15 de maio finalizou o prazo legal fixado polo Xulgado para o pago da indemnización a Proavia, cifrado en máis de 2,5 millóns de euros. De non terse abonado esta cantidade, as contas municipais do Concello podería ser embargadas, paralizando deste xeito a actividade económica e ordinaria da institución municipal.

O portavoz popular, Rosendo Fernández, recalca que non existen indicios de que dende o Goberno Municipal convocasen o pleno extraordinario necesario para aprobar a modificación de crédito necesaria para pagar esta indemnización, como chegou a balbucear hai días o alcalde. «E sen esquecer que os ourensáns xa levamos pagados máis de 150.000 euros polos intereses de demora ao non ter cumprido con esta obriga legal». E lembra Rosendo Fernández que nin siquera se convocaron xuntas de área para analizar esta e outras cuestións pendientes da xestión municipal.

Os populares, polo ben da cidade, estaban e están dispostos «a tender a man para aprobar a modificación de crédito precisa» para dar cumprimento á sentencia de Proavia e evitar o colapso económico do Concello.