A empresa Altega, que xestiona a instalación, afirma que levan varios anos “cunha administración en contra, practicando todo tipo de feitos que consideramos delictivos”.

 

A empresa Altega, que xestiona o albergue dos Biocos vén de presentar denuncia no Xulgado da Pobra de Trives contra a corporación actual do concello de San Xoán de Río, incluíndo a secretaria municipal, por presuntos delitos de prevaricación administrativa e suborno.

Segundo explican nun comunicado remitido á prensa, “son varios anos cunha administración en contra, practicando todo tipo de feitos que consideramos delictivos e que, unha vez chegado este momento, xa nos obriga a denunciar pola vía penal tras reunir as probas que cremos necesarias”.

Ao rexedor, acúsano de solicitar dádiva ou favor “por razón de su cargo, para su hija”, e ao conxunto da corporación “de manera injusta los querellados han estado autorizando y realizando actos constitutivos del delito de prevaricación y que en su conjunto se podrían calificar de mobbing inmobiliario, es decir, actos encaminados a la expulsión de sus legítimos derechos de concesión a la empresa querellante”, recolle a querela.

A empresa ourensá é concesionaria do albergue desde 2010 e explica que ao tomar posesión das instalacións e debido ao seu mal estado, acordou co anterior rexedor de San Xoan de Río asumir as obras de mellora necesarias, a cambio de que o Concello os compensara co non pago do canon da concesión ata cubrir os gastos realizados e máis a prórroga do contrato por cinco anos. Relatan que, a partir de febreiro de 2012, ao non pregarse ás peticións do novo alcalde a favor da súa filla cando se inicia “una campaña de acoso para obtener el desalojo de la instalación”

Desde Altega non entenden por que fai tres anos esta corporación municipal “empezou a facernos a vida imposible” cando as súas intencións xestionando o Albergue dos Biocos son “traballar da mellor forma que sabemos facer, poder colaborar co concello da forma máis leal posible e atender tanto a veciños como visitantes”. Desde a empresa consideran “un desperdicio” que non se lles permita reformar unhas instalacións que dispoñen de cen camas de aloxamento e cinco hectáreas de terreo.

Altega lembra que os delitos polos que presenta denuncia supoñen penas de prisión de ata seis anos e inhabilitación para emprego ou cargo público de ata 12 anos, no caso do suborno, e de inhabilitación de ata dez anos no caso da prevaricación.