A entrega de premios do concurso de pinchos Sabores de Ourense Primavera 2015 tivo lugar esta venres na Sala Ángel Valente.

O Xurado Profesional desta nova edición de primavera, composto polo chef Flavio Morganti, do restaurante Galileo; Miguel Vila, director da revista gastronómica dixital Benbo e membro da organización do Fórum Gastronómico de A Coruña; Martina Vicente, xornalista e co-editora da revista La alacena roja; José Pérez Pérez, xefe de estudos da escola de hostelería IES Vilamarín, e por Mónica Vázquez, concelleira de Turismo do Concello de Ourense; outorgou os seguintes premios: o primeiro, ao Fuentefría, por “Afumado de Anguía”; o segundo a Tapa Negra, por “Traspés” e o terceiro premio ex aequo a La Gula, por “Xénese” e La Estación de Loman, por “Lusitania”.

O Xurado da Prensa, composto por representantes dos medios Faro de Vigo, La Voz de Galicia e Ourense por Barrios, outorgoulle o premio ao pincho “Traspés”, do Tapa Negra.

Xunto con estes premios, entréganse dúas Mencións de Honra #saboresdeourense,  para a Casa do Pulpo e Las Monchas.

O Premio do Público, logo do reconto das preto de 2.600 papeletas foi para a elaboración do Fuentefría, seguido da “Minipicanha Spring” do Atarazana e en terceiro lugar quedou o pincho do Tapa Negra.