Este órgano xestionará a política lingüística municipal, será transversal a tódalas concellerías e asegurará o fomento da normalización do galego.

As candidatas de Ourense en Común Maravillas Calviño e Emilio Rodríguez Tilve falaron diante do Colexio Curros Enríguez dalgunhas das medidas recolllidas no programa participativo relacionadas cas áreas de educación, cultura e lingua.

“A cultura sen xente non é cultura e por iso defendemos o acceso a ela como dereito fundamental e irrenunciable das persoas e queremos devolver a Ourense o título de cidade cultural”, dixo Emilio Rodríguez. “Dende OueC queremos cambiar o xeito de facer as cousas dende a Concellería de Cultura, facendo a cultura máis accesible a tódolos veciños. Para isto queremos presenza cultural nos barrios e o rural e fomentar a participación de todos no ciclo de festexos municipais para asegurar a súa vitalidade e supervivencia”, sinalou.

Así mesmo, para poñer en valor a tradición de cultura de Ourense, OueC quere integrar os diferentes espazos museísticos da cidade vella nun gran Museo Aberto, que
permita coordinar e mellorar a súa programación e funcionamento.

Observatorio da lingua
A defensa da nosa lingua e cultura literaria de Ourense é tamén unha prioridade para OueC. Para isto, crearase un observatorio da lingua que xestione a política lingüística municipal. “Este órgano transversal a tódalas concellerías asegurará o fomento da normalización do galego e tenderá ao autofinanzamento a través de axudas europeas a proxectos interrrexionais
aproveitando a unión da lingua e a cultura galego-portuguesa”, explicou Rodríguez Tilve.

No eido da Educación Maravillas Calviño, número seis da candidatura de OUeC manifestou o compromiso de OUeC coa Educación,“comprometémonos coa aprendizaxe permanente, para todas as persoas e ó longo de toda a súa vida,
construíndo xuntas a cidade educadora que é capaz de ensinar e tamén de aprender”.

Como parte da Educación é importante redefinir as bibliotecas municipais como centro de recursos para a aprendizaxe e a investigación co obxectivo de que a información se transforme en coñecemento. “Tamén propoñemos a posta en funcionamento do Banco Municipal de Libros de Texto en colaboración coas ANPAS dos centro educativos”, destacou Calviño.

Conciliación
OUeC ve chave, para mellorar a calidade de vida, mellorar a conciliación familiar e laboral, especialmente fóra do horario lectivo e en período vacacional. “Para iso apostamos pola ampliación dos horarios de apertura das instalacións deportivas dos centros escolares para uso da veciñanza, en colaboración coa Consellería de Educación e en coordinación coas ANPAS”, dixo Maravillas Calvió . Isto incluiría a programación anual de actividades culturais, sociais e lúdicas, facendo unha oferta unificada entre todas as concellarías coa suficiente antelación para facilitar o seu coñecemento.

“E, por suposto, defendemos e esiximos unha educación pública e universal, gratuita de de calidade, laica, inclusiva e en galego” rematou Calviño.