Lito Prado, candidato á alcaldía, continúa achegando aos veciños a súas propostas.

200 persoas acudiron ao primeiro mitin de campaña de Anova-Irmandade Nacionalista, presentado polo exdeputado David Fernández Calviño, e no que interviron os candidatos á alcaldia de Toén e Pereiro de Aguiar, Carlos Lorenzo e Jorge Lamas, respectivamente; así como o alcalde de Manzaneda, David Rodríguez, e que xunto coa europeputada galega Lidia Senra e o candidato de Anova en Ourense, Lito Prado, foron capaces de emocionar a un auditorio ateigado.

Comezou Jorge Lamas apelando á necesidade de crear un cinturón de concellos vermellos que protexan á comarca dos atroces recortes do Partido Popular. Carlos Lorenzo, pola súa banda, fixo  reivindicou unha área metropilitana que comunique os distintos concellos da comarca.

Depois interviu David Rodríguez, apelando á capacidade que teñen os concellos para mudar as cousas e protexer á cidadanía cun énfase nas políticas sociais; e Lidia Senra, que falou dos terribeis ataques do ultraliberalismo do PP, dicindo que «temos que armarnos de valor e arroupar estas propostas e estes valores. O PP quere quitarnos todo!».

Por último Lito Prado dixo que “Anova estará seguro no Concello e ese feito é o mellor seguro para un goberno decente e participativo centrado na creación de emprego e benestar. Anova non vai permitir nin por activa nin por pasiva que veolva o PP que secou as nosas Burgas” ao que engadiu “se Anova entra no Concello, o PP non vai gobernar na nosa cidade e eles sábeno”.

Outras propostas
Tamén dentro da campaña este venres 15 de maio, Lito Prado e outros membros da candidatura de Anova ás eleccións municipais, mantiveron unha reunión co Sindicato de Policías Municipais para coñecer as necesidades deste colectivo, así como carencias e demandas e poder darlle voz no concello.

Así mesmo, Prado xunto á eurodiputada de Anova Lidia Senra percorreu diferentes rúas da cidade analizando o pouco apoio que ten o comercio local e si as superficies comerciais de multinacionais estranxeiras. Fronte a esta situación, Lito Prado propón medidas para activar o pequeno e mediano comercio local, o comercio de proximidade e calidade para revertir os beneficios na nosa cidade. Ademais, criticou o “despilfarro” de diñeiro público investido na Praza de Abastos da Ponte, que continúa pechada, logo dun investimento de 2 millóns de euros. Pola contar, para Anova as prazas de abastos “deben ser os centros dos barrios e deben convertirse nun espazo de confluencia entre os produtores de materia prima de calidade e produtos da terra e a veciñanza, sen intermediarios”.