Socialistas de Xinzo fronte á vidrieira

O obxectivo deste primeiro encontro, que xa foi comunicado por carta ao empresario, é avaliar as posibilidades de futuro da empresa, que permanece pechada dende abril de 2010, fai xa mais de 5 anos.

 

A candidata socialista á alcaldía de Xinzo, Elvira Lama, anuncia que “negociaremos cos donos da Vidrieira para reutilizar eses instalacións é crear emprego, non pode seguir pechada despois de esa descomunal inversión de cartos públicos”.

Durante a súa primeira semana como alcaldesa, Elvira Lama convocará a unha primeira reunión ao actual propietario da Vidriera del Atlántico, Jorge Alexandre Tabarés Ferreira, máximo responsable do grupo Barbosa-Almeida, propietario da empresa dende finais de 2008. O obxectivo deste primeiro encontro, que xa foi comunicado por carta ao empresario, é avaliar as posibilidades de futuro da empresa, que permanece pechada dende abril de 2010, fai xa mais de 5 anos.

“É un sensentido que a empresa permaneza pechada cando Xinzo ten un grave problema de paro e despois dunha descomunal inversión, parte dela procedente de fondos públicos”, explica Elvira Lama, que considera que o “próximo alcalde de Xinzo non poderá seguir impasible ante esta situación. Temos que facer algo e témolo que facer xa”.

A intención inicial de Elvira Lama é buscar acordos co empresario para unha reapertura da fábrica, unha reutilización con cambio de actividade ou ben unha venda: “O peor que nos pode pasar é que todo siga igual, que a fábrica continúe pechada mentres as cifras do paro non deixan de crecer en Xinzo. Este pobo non pode permitirse o luxo de prescindir dos postos de traballo e a economía que xeneraría unha empresa xa montada, así que temos que facer o imposible para reverter esa situación”.

Elvira Lama confía en atopar, xunto co propietario, fórmulas e solución para a empresa, pero sen no chegan, non descarta ningún tipo de actuación por parte do Concello. “Estudaremos detidamente a situación, cos técnicos e xurídicos do concello, para rescatar a empresa da situación na que se topa.

Nin renunciamos a ningún vía nin a descartamos, pero en primeiro lugar vamos a confiar en que as conversas co propietario arroxen o seu froitos antes de emprender novas vías”.

“O que está claro –sentencia- é que esta empresa leva demasiado tempo pechada, sen plans de futuro, e iso ten que rematar. Co cambio de goberno en Xinzo ten que empezar un tempo novo, tamén para esta empresa, que é símbolo do pelotazo”.

A empresa empezou a funcionar en 2001, tras unha inversión de 21 millóns de euros, moitos deles públicos, recibiu ademais cuantiosas subvencións, que os sindicatos cifraron en 5 millóns de euros. En 2008 foi vendida aos actuais propietarios e en 2010 pechou definitivamente.