Estará ubicada na sede do centro de maiores Afundación Ourense na rúa do Paseo.

A tenda solidaria está aberta ata o mércores día 20 de maio en horario de 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:30 h. e estará atendida polos socios e socias do Centro de Maiores da Afundación en Ourense que participaron durante todo o curso no taller de reciclado que imparte o centro.

A recadación que se obteña nesta tenda solidaria será destinada a satisfacer as necesidades económicas do programa da Asociación Española Contra o Cancro “Carriño D. Amable”.

O Carriño D. Amable e un instrumento de achega, apoio e ruptura co ambiente hospitalario para aquelas persoas que se atopan nas plantas de oncoloxía, consultas e hospitais de día onde reciben tratamentos. Este proxecto está enmarcado dentro do programa de voluntariado hospitalario no complexo hospitalario universitario de Ourense. Voluntarios e Voluntarias de hospitais da aecc en Ourense levan o Carriño D. Amable cun sorriso ás plantas onde os pacientes oncolóxicos e os seus acompañantes esperan as consultas e tratamentos ambulatorios.

O Centro de Maiores Afundación Ourense e a AECC Ourense solicitan a colaboración de todos os ourensáns visitando a tenda solidiaria, onde poderán adquirir xoias e bixutería, carteiras, monecos e bolsos.