A actuación consiste na adecuación dos camiños en 11.772 metros cadrados na ribeira do Miño, que se veñen sumar aos 34.000 xa executados cunha renovación de todos os accesos e sendas fluviais.

Este mércores darán comezo as obras de arranxo e reposición de pavimento de xabre que a Concellería de Medio Ambiente levará a cabo no paseo do Miño. Esta actuación, que implica unha mellora da accesibilidade e seguridade aos camiños, incluirá o paseo de de Reza, Beiramiño- Oira e a explanada do Loña.

Así, o paseo de Reza permanecerá pechado ao público dende o xoves 21 de maio e ata o xoves 28 de maio. A actuación no paseo Beiramiño- Oira manterao pechado dende o venres 29 de maio e ata o mércores 3 de xuño e os días 4 e 5 será a explanada do Loña.

Agardamos que os veciños e veciñas desculpen as molestias ocasionadas por estas obras de reparación que se farán no prazo de tempo máis breve posible, para evitar afeccións maiores.