Reunión no Inorde

Expertos técnicos da Fundación Paideia, a través de Cultigar, Universidade do Miño, Cámara Municipal de Montealegre e do Inorde reúnense na sede do organismo provincial para sentar as bases da futura cooperación no eido do desenvolvemento rural a través da innovación e potenciación dos productos autóctonos.

Na sede do INORDE tivo lugar este martes unha reunión multidisciplinar entre representantes da Fundación Paideia – Cultigar e do INORDE pola parte española e da Universidade do Miño e da Cámara Municipal de Montalegre pola parte portuguesa. A reunión, de marcado carácter técnico, serviu para establecer as bases sobre as que se artellará a colaboración de ditas entidades na elaboración dunha liña de investigación e desenvolvemento transfronteiriza, centrada no emprego dos productos autóctonos como motores de creación de riqueza.

O proxecto, que conta cun orzamento estimado de 800.000 euros de importe total, vai enmarcado dentro dos Obxectivos temáticos do Programa INTERREG V, no O.T. 1: «Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación». Co fin de mellorar a paticipación do tecido empresaral nos procesos de innovación e nas actividades de I+D+I máis próximas ao mercado, susceptibles de ser explotadas comercialmente.

O innovador deste proxecto estriba na incorporación dunha gran carga de investigación aplicada fundamentalmente a mellorar a adaptación dos productos autóctonos ao medio natural onde se establecerán; adaptación que pasará por unha mellor resposta tanto as condicións metereolóxicas como á busca da resistencia natural a pragas e enfermidades, todo isto se esquecer o fomento da biodiversidade e a protección do medio natural.

Ademais do lóxico interese polo avance económico, social e natural das zonas obxecto de intervención, quedou claro na reunión a grande complementariedade, a nivel práctico, dos participantes, xa que ao alto nivel tecnolóxico no campo da conservación e mellora de especies vexetais co que conta Cultigar (sobretodo na multiplicación in-vitro de plantas, o que asegura unha calidade xenética excepcional), e a capacidade de investigación da Universidade do Miño vense complementados polo coñecemento a nivel do terreo do Inorde (con varios proxectos xa desenvolvidos de restructuración e e mellora do rural a través de productos endóxenos) así como de apoio o sector agrario e forestal a nivel técnico e da conservación e manexo dos solo; a Cámara Municipal de Montalegre achegará ao proxecto os ensaios e a climatación dos productos a ensaio.