A entrega de premios a gañadores e participantes terá lugar o vindeiro luns 25 na sede do Ateneo.

Vén de fallarse a primeira edición do Concurso de Microrrelatos Efémeros do Ateneo de Ourense. O xurado, composto por membros da directiva da entidade, decidiu outorgar o primeiro premio ao relato titulado «Lápices de colores» de Plácido Romero Sanjuan. O galardón está dotado coa publicación do texto nunha torta.

O segundo premio recaeu en «Miña Raíña», escrita por Encarna Varela Lovelle, que será premiada coa publicación do texto nunha galleta.

O Ateneo fará tamén un recoñecemento a todos os participantes polo «alto nivel» dos relatos presentados, que «revelan oficio, madurez e coidadoso traballo na linguaxe». E por iso entregaralle tamén un obsequio efémero no acto de eentrega de premios, o vindeiro luns, ás 20 horas, na sede do Ateneo.