O candidato popular comprométese a dotar de subvencións nominativas, con partida orzamentaria anual, aos clubes deportivos de elite.

 

Jesús Vázquez propón unha cidade onde o Deporte para todos sexa unha realidade, e onde se asenten as bases para que os ourensán gañen en calidade de vida. Por elo, levará a cabo a remodelación exterior e interior do Pavillón de Os Remedios, atendendo ás necesidades actuais dos usuarios.

Impulsará tamén a creación de Escolas Deportivas Municipais nos barrios e a organización de eventos deportivos na rúa. Para elo, o goberno liderado por Jesús Vázquez desenvolverá programas de dinamización dos espazos públicos (Xardín do Posío, Parque de San Lázaro, Parque da Ponte….). E tamén motivará acordos que permitan o uso das instalacións deportivas escolares para a práctica das actividades físicas fóra do horario e o calendario académico, con atención especial aos barrios.

Outra das propostas deportivas de Jesús Vázquez, entroncada co Turismo, é a promoción da cidade de Ourense como destino do Turismo Deportivo, mediante o reforzamento dos eventos propios (San Martiño, Miño Radikal, Correndo por Ourense…), o apoio aos organizados por outros clubes e a creación de novos («San Martiño Night», carreira popular nocturna). Ademáis, crearase un circuito de «running» polas ribeiras do ríos da cidade -reforzando a iluminación existente- e se porá en marcha un circuito de carreiras BTT.

Para Jesús Vázquez é de suma importancia o mantemento das infraestruturas existentes, polo que no seu prorama de goberno contempla tamén o impulso á mellora das instalacións deportivas municipais para que sexan sostibles, promovendo medidas de aforro de auga, eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables.

No tocante ao deporte de base, será outro dos aspectos máis salientables da política deportiva dirixida por Jesús Vázquez, cun apoio decidido á práctica deportiva adaptada nas inóstalacións municipais, desenvolvendo programas deportivos específicos para as persoas maiores e as persoas con discapacidade. E con respecto aos clubes deportivos de elite, o goberno municipal presidido por Jesús Vázquez dotará de subvencións nominativas nos orzamentos, aprobándoos cada ano en tempo e forma.