Xuventudes Socialistas

O reparto contou coa presenza do candidato a Alcaldía de Ourense, Jose Ángel Vázquez Barquero.

A caravana moza das XSG visitou a cidade de Ourense para realizar un reparto na Rúa do Paseo.

Ao reparto ademais das e dos militantes das Xuventudes Socialistas de Ourense acudiu o secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia, Aitor Bouza; o candidato a Alcaldía polo PSdG-PSOE , Jose Ángel Vázquez Barquero e o secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Ourense Jose Antonio Nóvoa.

En palabras do seu Secretario Xeral, Jose Antonio Nóvoa, “Ourense xógase moito en estas eleccións, a cidadanía en xeral e as mozas e mozos en particular non podemos permitirnos que un paracaidista elixido a dedo, que fixo méritos recortando dereitos na Xunta veña a botar por terra 8 anos de goberno e progreso e levar a cidade ao pasado”