A coordinadora nacional de Esquerda Unida e o candidato á presidencia do Goberno de Izquierda Unida manifestaron o seu apoio á candidatura cidadá.

Yolanda Díaz participou en Ouernse na presentación da parte programática de “Xustiza e benestar social” que Ourense en Común ten elaborada a nivel municipal, momento no que aproveitou para trasladar o seu apoio e o do candidato á presidencia do goberno Alberto Garzón á candidatura de Ourense en Común.

Garzón manifestaba a través dun video que “Ourense en Común es una candidatura que refleja lo que necesitamos en tiempos convulsos como estos que son principios y valores frente a la falta de ética del Partido Popular y de la represión y de la regresión social a la que nos están sometiendo. Es tiempo de enfrentar esa regresión desde la unidad popular” afirma o candidato á Presidencia do Goberno”.

Por outra banda a coordinadora nacional de Esquerda Unida Yolanda Díaz afirmaba que “é necesario que xuntemos forzas para sumar espazos políticos diferentes porque só o pobo pode salvar o pobo, ben o saben os poderes económicos que están contra nós,” insistindo en que “o noso obxectivo é rescatar á xente e sacar a patadas a mafia das institucións” e para iso propuxo o voto en Ouernse para Miguel Doval e Ourense en Común.