O candidato á presidencia da Deputación garanta que a institución provincial seguirá sendo o mellor aliado dos concellos da provincia.

 

A cooperación entre administracións sitúase deste xeito nun dos eixos fundamentais da xestión provincial, cunha administración provincial entregada ao servizo dos concellos de Ourense.

Así, o candidato popular á presidencia da Deputación, Manuel Baltar, anuncia que o Plan de Obras e Servizos se incrementará ata alcanzar en 2019 os 60.000 euros para cada un dos municipios de Ourense.

De feito, as infraestruturas deportivas e culturais formarán parte imprescindible da política provincial, con especial indicidencia no seu mantemento. «A cooperación con outras administracións devirá crucial para unha provincia que experimentará unha gran transformación coa chegada da Alta Velocidade», recalca o candidato provincial.

No eido medioambiental, Manuel Baltar tamén avanza que «a Deputación de Ourense continuará sendo un referente a nivell nacional coas súas políticas medioambientais».