O partido galeguista, que se presenta en Ourense, quere que os votantes mediten sobre as consecuencias que poden ter os resultados do próximo domingo.

A xuízo de Coalición Galega, hai tres lacras que combater urxentemente: paro, pobreza e corrupción. «Non é posible ter un bo goberno nin solucionar problemas sen antes limpar as institucións da corrupción».

Neste sentido, o partido galeguista, que presenta a Fernando Alonso como candidato, sinala que hai partidos que teñen feito «unha rede clientelar para beneficio propio e dos seus amigos que nos está custar moito diñeiro e mais que nos custará se non se para a sangría».

Segundo Coalición Galega a corrupción é un problema estrutural favorecido «por un sistema deseñado na transición que facilitou a constitución dun réxime bipartidista», e non será resolto «se se segue a manter no poder aos que sustentan esas redes mafiosas».

Por iso, nestas eleccións municipais, chaman a «derribar ao réxime corrupto do 78».