Do 28 de maio ao 2 de xuño o centro ourensán será visitado por representantes de comunidades educativas de Rumanía, Portugal, Alemaña, Hungría, Polonia e Italia.

O CPI Antonio Faílde de Cambeo organiza a derradeira reunión transnacional no marco da Asociación Escolar Multilateral Comenius da que é institución coordinadora.

Esta Asociación Escolar comezou a súa andaina no curso 13/14 e remata agora, coincidindo coa extinción do programa Comenius e todos os programas educativos europeos que comportan o Programa de Aprendizaxe Permanente, o cal deu lugar dende hai algo máis dun ano a Erasmus+ en diferentes accións.

O proxecto que levan a cabo conxuntamente con centros educativos de Rumanía, Portugal, Alemaña, Hungría, Polonia e Italia ten como título “A cultura POP en Europa” e constitiu a temática ao redor da cal xiraron as moitas e diversas ao Pop Art en todas as súas facetas: pintura, música, arquitectura, deseño, escultura, moda, banda deseñada”, explican dende o centro ourensán.

Así, do 28 de maio ao 2 de xuño o CPI Antonio Faílde recibirá a 12 alumnos e 17 profesores dos seis centros asociados. O programa de actividades é moi intenso e inclúe varias sesións de traballo, actividades lectivas e visitas culturais. Ademáis tamén haberá un acto oficial de clausura coa presenza alomenos da xefa Territorial de Educación, o inspector de zona e do alcalde de Coles o venres 29 ás 13horas.