A concelleira de Cultura destacou o seu incansable traballo como investigador e escritor.

O Concello de Ourense lamenta o falecemento, esta madrugada, de Frai Damián Yáñez, bibliotecario do mosteiro de Oseira. A concelleira de Cultura, Ana Garrido, recoñeceu o extraordinario labor do “Pai Damián” na rehabilitación e posta en valor do mosteiro de Oseira e o seu papel fundamental en diversos traballos de investigación e recopilación.

“Vaise unha persoa humilde, con múltiples aportacións de índole espiritual e histórica, un gran investigador e escritor que colaborou en dicionarios e enciclopedias, responsable da creación da biblioteca e o archivo do Mosteiro de Oseira, ademáis de promotor de congresos de gran relevancia científica. Un home que deixa un legado incalculable na cultura desta provincia, unha gran perda”. Garrido expresou as súas condolencias e apoio á familia e seres queridos do “Pai Damián”.