Concentración na casa de Reza

Artistas ourensáns solidarízanse con Rosa e Miguel, os donos da casa de Reza que ten unha orde de demolición para executarse este xoves.

Cunha exposición-manifestación, máis de 80 artistas ourensáns concentráronse este luns diante da casa de Rosa e Miguel en Reza, sobre a que pesa unha orde de demolición que ten a data prevista de execución para este xoves 4 de xuño.

Con esta instalación “efímera” das súas obras no xardín da vivenda dos Alonso-Fernández, os artistas querían chamar a atención sobre a “inxustiza” desta decisión xudicial “a instancias dunha administración totalmente caciquil”, dicía Enrique Conde, amigo dos propietarios, que convocaba aos ourensáns a que se concentren o xoves a primeira hora no lugar para evitar o derrubamento. “Se aquí xuntamos a dúas mil persoas, a cidadanía é a que vai conseguir que realmente se lo piensen”, engadía.

O caso desta vivenda de Reza remóntase a hai 23 anos, a raíz da denuncia dun veciño. A casa fora legalizada co PXOM de 2003, pero a súa anulación propiciou o auto xudicial de derrubamento. “Isto ao final é unha pelexa entre os bárbaros e a cultura”, concluía Conde.