Vivenda en Reza

O seu avogado acusa ao Concello de Ourense de querer tirar abaixo a vivenda sen ter o proxecto de demolición aprobado.

 

Tras coñecer o adiamento de 48 horas na execución da orde de demolición da súa vivenda, o avogado da familia Alonso-Fernández, Antonio Feijoo Miranda, anunciou aos medios de comunicación a súa decisión de interpor este venres unha querela contra o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, “y es posible que también contra los funcionarios responsables de este expediente” por posible prevaricación.

Segundo o letrado, o comportamento do rexedor e dos funcionarios neste caso “una vez apercibido de que se está actuando sin licencia y negarse a parar la obra, es más, continuarla contra viento y marea, es una prevaricación”.

Feijoo Miranda explicou que o proxecto de demolición non fora aprobado en Xunta de Goberno local como é pertinente. “Creo que el contencioso algo tendrá que decir si autoriza o no una demolición sin proyecto aprobado”, recalcou, resaltando que o Concello non atendera a súa petición de suspender a dilixencia “el tiempo mínimo necesario para legalizar los trámites, aprobar el proyecto y aprobación del tanque de gasoil y ni siquiera eso me han dado”.

O letrado tachou a tentativa de demolición de “precipitada, improvisada y dantesca” tendo en conta que hai un prazo dun mes para executala. Cre que se fixo “para no dar la imagen de que el ayuntamiento de Ourense ha hecho una chapuza; como se había desplegado tal cantidad de medios policiales, salir de aquí sin entrar en la vivienda era un ridículo”.

Con respecto á orde de derrubamento en si, Antonio Feijoo non quixo discutila; “no puedo cuestionar una resolución judicial que ordena el derribo de la casa, lo que si puedo hacer es velar porque la tramitación administrativa sea legal”.

Valoración dos donos da casa

Nesta rolda de prensa improvisada, o propietario, Miguel Fernández, quixo repetir “lo que llevamos diciendo 23 años, que la administración no defiende los derechos de los ciudadanos”, mentres que a súa dona, Rosa Alonso, sinalaba que nos seus 60 anos de vida “no había visto una cosa igual”, en referenza ao amplo dispositivo policial establecido ao redor da vivenda. Rosa criticou o feito de que a Policía Local avisara á protectora de animais para que fosen recoller o can da familia “en vez de preguntarme a mi si tenía sitio; el perro es uno más de la familia”. A muller tamén tivo palabras de agradecemento para o arquitecto que renunciou á dirección da obra, do que recordou as súas verbas: “triste, hecho polvo, pero haciendo lo que tenía que hacer”.

Os propietarios comprometéronse a retirar antes do luns ás 9 da mañá os enseres e o mobiliario da casa “para evitar males mayores, no hemos querido que llegase a intervenir la fuerza pública”, explicou o letrado. “No puedo pensar lo que va a pasar el lunes”, concluía Rosa.

O Concello trasladou a acta ao Xulgado

O Concello de Ourense puxo en coñecemento do xulgado da acta asinada este xoves polos técnicos municipais e os propietarios da vivenda unifamiliar, sita en Aira- Barreiros, en Reza, sobre a que existe unha sentenza executoria de demolición.

Na acta, os asinantes chegan a un acordo comprometéndose a propietaria, Rosa Alonso, a deixar libre de mobles e desaloxar a vivenda nun prazo de 48 horas, e os representantes municipais manifestan que se reanudarán as actuacións a partir do vindeiro luns ao obxecto de dar cumprimento do Auto Xudicial de 5 de maio de 2015.

Deste acordo entre as partes deuse conta ao Xulgado Contencioso Administrativo número 1, e será o mandato xudicial o que indique os pasos posteriores que se teñen que dar, informan desde o Goberno municipal.