Está dirixida a nenos de entre 2 e 4 anos e aos seus proxenitores.

 

Durante os meses de xullo e agosto, a Escola de Familia Municipal programa a iniciativa lúdica ‘Kero-Verán’, destinada a menores con idades comprendidas entre os 2 e 4 anos -os nenos non escolarizados deberán acudir obrigatoriamente cun adulto-.

A mesma terá lugar todos os martes e xoves, de 11 a 13 horas, no CEIP Princesa de España de Verín. E os menores participantes realizarán actividades de interacción e colaboración cos seus semellantes e adultos asistentes á mesma.

Tratarase dun espazo de xogo e aprendizaxe que ademais de ser un espazo de conciliación familiar e laboral, converterase nun aula de convivencia na que compartir experiencias cotiás e onde potenciar actitudes como cooperación, igualdade, autonomía ou creatividade, entre outras. Ademais de psicomotricidade, realizaranse actividades de fotografía, artes plásticas, pintura, baile ou música, entre outras.

Para participar no ‘Kero-Verán’ é necesario formalizar a inscrición no departamento de Educación Familiar do Concello de Verín (Avda. de Portugal, 11 bis), no correo electrónico educadorafamiliar@verin.net ou no 988 414 776; tamén no edificio municipal do Lavadoiro (situado na esquina das rúas Rosalía de Castro e Lavadoiro) ou no 988 411 468.