Os dous grupos ourensáns actuarán no XX Derrame Rock que terá lugar o 27 de xuño na explanada de Expourense.

Bergallazo
Bergallazo é un grupo de punk formado por catro mozos de Ourense. O próximo sábado 27 (16:05 horas) actuarán no festival Derrame Rock, onde nos mostrarán as súas cancións e versións dos grupos que lles inflúen.

Qué supón para vos tocar no Derrame Rock?
R: A verdade é que tocar nun festival así con grupos consolidados sempre é un escaparate enorme para grupos coma nos, xa que moita xente que nunca escoitou ou non viu a Bergallazo en directo acercase a ver inda que sexa por curiosidade.

Faredes un concerto distinto no festival?
R: Algo temos preparado pero non dicimos nada jajajaj o millor é que os que estén alí o pasen ben con nos, pero non será un concerto mais.

Como vai a preparación do Ep?
R: Pois imos pouco a pouco pero sen descanso, temos moitas ganas de sacalo e que a xente poda disfrutar de él. Mentres poden escoitar os nosos temas nos directos como o do vindeiro día 27.

Contra as Cordas
Contra as Cordas son de Ourense e fan música de estilo Hardcore, son un dos tres grupos locais que actuarán no festival Derrame rock, xunto a Bergallazo e Los Suaves. Este mes acaban de lanzar o seu último EP, titulado “Invictus” e poderemos escoitalo por completo o vindeiro sábado 27 (ás 16:45 horas).

¿Qué podemos atopar neste novo EP de Contra as Cordas?
R: Pois unha intro, as 4 cancións que forman o Ep máis outra que gravaramos anteriormente como bonus, todas elas unidas entre sí con anacos de películas. Hardcore con tintes máis metal ou punk e todo en galego cun son bastante coidado.

¿Qué supón para vos tocar no Derrame Rock?
R: Tocar no Derrame é unha porta para irse metendo no mundiño dos festivais «grandes», aínda que este ano o Derrame está moi lonxe de selo… Pero aínda así segue sendo unha boa oportunidade para promocionarse e chegar a máis público.

¿Presentación EP, actuación no Derrame Rock… pode ser este o ano de consolidación de Contra as Cordas?
R: Depende de a que se lle chame consolidarse, xa podemos tocar onde sexa ou con quen sexa que non vai cambiar nada a filosofía da banda nin imos deixar de ser uns desastres, pero sí que son dous pasos máis cara adiante e non sei como será o Derrame, pero a presentación do Ep foi espectacular.