Jesús Vázquez, alcalde de Ourense

O custo do grupo de goberno non chega aos 300.000 euros anuais; o soldo do rexedor queda en 64.430 euros despois de recurtalo un 5%.

 

No debate sobre o réxime retributivo dos membros da corporación ourensá, o voceiro popular, Francisco González, defendeu que se trata do Goberno local “máis austero das sete grandes ciudades de Galicia” e o alcalde, Jesús Vázquez, precisou que será “menos custoso que o goberno saínte” e que deste xeito cumple a súa promesa electoral de reducir gastos de protocolo, persoal de confianza e dedicacións exclusivas. A este respecto o portavoz PP anunciou que esta semana se dotará o persoal eventual dos grupos políticos.

Mentres, Martiño Xosé Vázquez, de Ourense en Común, recordou que Vázquez será “o alcalde mellor pagado de Galicia” e a redución do 5% do seu soldo “un xesto de márketing comunicativo”. OueC pedía que baixara o salario un 39%, ata os 41.330 euros, por ser esta cantidade 2,5 veces o salario medio en Ourense.

Gonzalo Pérez Jácome defendeu que os políticos “deben cobrar por las horas que trabajen” e que, en todo caso, o soldo do alcalde será elevado ou non en función de como xestione. “Si cobrara 5.000 euros al mes y lo hiciera bien, sería poco, y si cobra 100 euros al mes y lo hace mal, es caro”, explicou.

E Vázquez Barquero reprochoulle ao PP que xustificara o soldo do rexedor en relación ao soldo do secretario municipal (o funcionario que máis cobra do Concello de Ourense), sen caer na conta de que este fora o mesmo argumento que defenderan no seu día os anteriores alcaldes socialistas Francisco Rodríguez e Agustín Fernández. A proposta socialista era de rebaixar un 15% as dotacións aos grupos políticos (que non se debatía neste pleno) e tamén todos os salarios da corporación, incluído o do alcalde.

Os socialistas achacaron a redución de exclusivas no grupo de goberno a que “onde están cobrando agora cobran bastante máis que o que ían cobrar neste Concello”, dixo en relación aos edís de Urbanismo, José Jesús Cudeiro, e Cultura, Francisco González, que seguirán percibindo nómina da Deputación. Por iso, Vázquez Barquero anunciou que estarán “vigilantes” ante as posibles “incompatibilidades funcionales” de ambos concelleiros. “Si una persona tiene dedicación exclusiva en la diputación ocho o siete horas al día no se puede tirar tres o cuatro horas por la mañana en esta casa. No se puede pretender gestionar áreas vitales del concello sin dedicación”, dixo o socialista ao reamte do pleno.