A Concellería de Educación mantén ata o 10 de xullo o prazo de presentación de proxectos para impartir accións formativas no programa municipal “Universidade Popular” 2015-2016.

 

Por primeira vez, a Universidade Popular de Ourense aproba unhas bases que rexirán a selección dos proxectos formativos que se incluirán na programación do curso 2015-2016. A Concellería de Educación mantén aberto ata o 10 de xullo de 2015 o prazo de presentación de proxectos para impartir accións formativas no programa municipal “Universidade Popular” 2015-2016.

As bases están a disposición dos cidadáns nas dependencias da Concellería de Educación (Praza San Martiño, 2, 1º) e na páxina web da Concellería de Educación (www.educacionourense.com).

A Universidade Popular é un programa municipal que atende cada ano a máis de 3.000 cidadáns e que require dunha selección transparente das actividades que se incluirán no vindeiro curso. En aras desta transparencia, se aprobaron as bases para a selección de proxectos formativos. Ditas bases responden aos principios de libertade de acceso, publicidade e transparencia, de non discriminación e igualdade de trato entre os candidatos.