O número de profesionais interesados en participar neste programa multiplicouse por cinco dende 2006.

 

Durante o prazo de presentación de propostas para impartir accións formativas na Universidade Popular 2015-2016, a Concellería de Educación recibiu un total de 452 propostas.

Este dato supón un aumento progresivo do número de profesionais interesados en participar como docentes neste programa municipal (que comezaron sendo 92 no ano 2006), que ademáis de atender a 3.000 alumnos ao ano, oferta unha oportunidade laboral a profesionais do ámbito educativo, fomentando así a creación de emprego.

A institucionalización dun servizo destas dimensións debe realizarse no ámbito municipal, ao ser administración local a máis cercana á cidadanía, o que permite coñecer a realidade concreta e planificar accións axustadas aos problemas que afectan aos diferentes grupos e sectores da poboación.