Participará nunha xornada do Eixo Atlántico sobre o papel das cidades europeas.

 

A xefa da Unidade de Desenvolvemento Urbano e Territorial da Unión Europea, Judit Torokne, visitará a cidade de Ourense o vindeiro mes de setembro para participar nunha xuntanza de traballo promovida polo Eixo Atlántico para analizar o papel das cidades europeas no contexto actual e futuro. Así llo confirmou o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao ao alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, no transcurso da xuntanza mantida esta mañá no Concello, previa á celebración, no salón de plenos, da reunión da Comisión delegada de Cultura do Eixo Atlántico.

O alcalde asistiu ao inicio desta xornada, na que participou tamén o concelleiro de Cultura, Francisco González, cuxa celebración na cidade de Ourense enlaza coa vontade do goberno municipal de potenciar e estreitar a colaboración co Eixo Atlántico, dar a coñecer a cidade, e incrementar os lazos comerciais, culturais e turísticos de Ourense no marco da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

O Eixo Atlántico é unha entidade sen ánimo de lucro que se adica a apoiar iniciativas que fomenten a cooperación transfronteriza, no que participan como membros un total de 38 cidades e entidades da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Á xuntanza densa mañá asistiron unha trintena de concelleiros e técnicos das cidades integradas no Eixo Atlántico.