Na comparativa dos seis primeiros meses do ano pasado con respecto a este baixaron 29 puntos, as faltas, 35.

O Concello de Ribadavia acolleu unha reunión da Xunta Local de seguridade na que estiveron presentes o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García, e o alcalde de Ribadavia, José Ignacio Gómez Pérez, amais de membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e da Policía Local.

Na xuntanza analizáronse os datos relativos á delincuencia durante todo o 2014 e os primeiros meses de 2015.

Con respecto aos seis primeiros meses de cada amósase unha baixada das infraccións penais de 29 puntos e de 35 nas faltas. O número de esclarecementos supera o 60% nos dous casos. Tamén sofren un descenso de 11 puntos as penais sen delito contra a seguridade vial.

A nota negativa é o aumento das infraccións administrativas, en 23 puntos, e os detidos.

Festas
En relacións aos festexos deste verán (Festa da Istoria, última fin de semana de agosto, e Festas do Portal, en setembro) foron obxecto de de estudo e predición.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García invitou ao “civismo e a un comportamento responsable de tódalas xentes do Ribeiro, e de quen se achega de fora, para participar nos innumerables festexos que durante todo o verán se levarán a cabo nestas terras”.